Constitúese a Comisión de Seguimento do Proxecto de Reordenación do Area Portuaria de Bouzas
Esta Comisión integrada por técnicos do Concello, do Porto de Vigo, o secretario de Pesca e o director de operacións de Portos de Galicia, ten a misión de definir un proxecto para a ampliación de Bouzas. Segundo a alcaldesa empezará a dar froitos nun prazo de dous meses.
Tal e como se acordou na Comisión do Borde Litoral, onde están representados tódolos grupos políticos do Concello de Vigo, hoxe creouse a Comisión de Seguimento do Proxecto de Reordenación do Área Portuaria de Bouzas. Esta Comisión, integrada por técnicos do Concello de Vigo –xerente de urbanismo e asesor xurídico de urbanismo-, do Porto de Vigo, o secretario xeral da Consellería de Pesca e o director de Operacións de Portos de Galicia, definirá as características sobre o proxecto de Bouzas e elevará a proposta aos grupos políticos, que deberán pronunciarse, para de seguido remitir o proxecto ao Ministerio de Fomento e optar aos fondos europeos.
A alcaldesa Corina Porro manifestou que a ampliación do Porto de Vigo é unha medida que ten moita urxencia para a cidade. "Está aumentando o tráfico de contenedores e debemos dar unha resposta, pero ten que ser consensuada e paso a paso, evitando problemas, principalmente a nivel medioambiental"" explicou. Segundo a alcaldesa as funcións da Comisión técnica son "a determinación a nivel técnico da obra, o sistema constructivo, os servizos, a chegada do ferrocarril, o calado... pero tendo en conta por encima de todo o coidado do medio ambiente e o paisaxismo".
Corina Porro afirmou que a Comisión consultará coas entidades involucradas na actuación, como Citroën, Zona Franca e Termavi "para poder traballar todos da man". A alcaldesa advertiu que a Comisión ten que estudar unha serie de pasos que poden atrasar ou non o proxecto e que haberá que levar en paralelo e acelerar. Comentou, por exemplo, a necesidade de modificar o plan de inversións do porto, presentar un plan de empresas, tamén un plan de usos que debe ser aprobado polo ministerio, unha declaración de impacto ambiental, as redaccións do proxecto e anteproxecto, estudios xeotécnicos e de sondaxes...
A chegada do tren a Bouzas deberá tamén contemplarse no Plan Xeral da cidade e do porto, que tratará tamén o peirao de transatlánticos e os espacios que se recuperarán para a cidade. Estes serán toda a parte dianteira do edificio da Xunta, que estará comunicada co Náutico. Exactamente dende a rotonda da "paelleira" ata Montero Ríos. Ademais o plan especial do Litoral non vai reducir un só metro do porto pesqueiro. Por último, a alcaldesa estimou un prazo de dous meses para que a Comisión técnica comece a dar resultados.
Descargar todas as imaxes