Aviso de entrega dos carnés de licenzas e inscripcións dos animais considerados potencialmente perigrosos
<br />
As persoas propietarias de cans considerados potencialmente perigosos que tramitasen a licenza municipal e a inscrición no Rexistro, entre o 15/09/2002 e o 12/11/2004 - licenzas 1 á 170-,poden recoller os carnés de "Licenza para a posesión de animais potencialmente perigosos" e de "Inscrición no Rexistro municipal de animais potencialmente perigosos" no servizo de Medio Ambiente no segundo andar da Casa do Concello, en horario de 9.00 a 13.30 horas.
Informamos de que deberán acudir co DNI e o recibo xusficativo da renovación do seguro de responsabilidade civil ou, de ser o caso, a substitución por unha póliza nova.
Asemade, lembrámoslles as persoas propietarias de cans catalogados como potencialmente perigosos que aínda non procederon á tramitación da correspendente licenza e inscrición, están a infrinxir a lexislación vixente (R.d. 90/2002, do 28 de febreiro) que tipifica estas infraccións con sancións dende 2.404,05 a 15.025,30 euros.