Escoitar

A Oficina Municipal de Voluntariado colabora activamente coas entidades non lucrativas da cidade

A OMV de Vigo está a incrementar a súa colaboración coas entidades da cidade co obxectivo de crear unha rede que posibilite o traballo continuo e conxunto. A Oficina experimentou un incremento de 179 voluntarios en 2004.

xoves, 17 feb 2005
1108649382implicado.jpg
A Oficina Municipal de Voluntariado de Vigo está a experimentar un importante incremento, tanto no número de voluntarios como nas actividades e os ámbitos aos que chegan. No ano 2004 o número de novos voluntarios anotados na OMV foi de 179. A Oficina destaca a colaboración con distintas entidades da cidade que se achegan a solicitar voluntarios para a participación en eventos ou a colaboración nas actividades que desenrolan.

Debido a esta habitual colaboración con entidades a OMV ten deseñado accións específicas de formación e dinamización co obxectivo de crear grupos de traballo por subsectores (discapacidade, exclusión, deportes...) para ir establecendo bases de colaboración que permitan mellorar a calidade do traballo realizado polos voluntarios e contribúan a creación dunha rede que posibilite un mellor traballo conxunto.

No programa de colaboración con entidades a OMV ten 67 voluntarios que traballan con 30 entidades non lucrativas apoiando actividades desenroladas por ditas asociacións como poden ser:
- Actividades de ocio e tempo libre (saídas de fins de semana).
- Apoio familiar (servicio de canguros).
- Apoio en comedores.
- Apoio en actividades deportivas, piscinas, hidroterapia...
- Apoio en obradoiros ocupacionais.
- Tratar de manter unha relación persoal frecuente afectiva con discapacitados.
- Preocuparse polas condicións materiais de vida (saúde, roupa, hixiene...).
- Actividades con perfil profesional (programa de autonomía, coñecemento do entorno e habilidades sociais).
- Reforzo educativo: nenos, xóvenes e adultos.
- Apoio en ludoteca (integración, animación...).
- Actividades administrativas.

Entre os contidos que promove a Oficina neste senso destaca a constitución e dinamización de grupos de traballo sectoriais nos que se deseñe, planifique e avalíe tanto os programas de formación como as posibles propostas de actividades plantexadas. No referente a formación, a OMV organiza un curso de "Xestores de Voluntariado" e catro cursos específicos ou sectoriais: Discapacidade, Deportes, Servicios Sociais e Apoio na organización de eventos. O curso "Xestores de Voluntariado" terá lugar os días 19, 26 de febreiro e 3 de marzo no Centro Cívico Casco Vello, consta de 12 horas lectivas, é de balde e o prazo de inscrición está aberto.

En canto ás accións destinadas específicamente aos voluntarios, estas teñen o obxectivo de darlles unha formación continuada que lles permita desenvolver e mellorar as habilidades e destrezas necesarias para unha acción voluntaria de calidade. Por un lado está o seguimento a través de reunións mensuais que sirvan de espazo de encontro para voluntarios e poidan desenvolver a súa identidade como tales a través da reflexión e a posta en común de experiencias. Por outro a formación, que consta de 3 cursos básicos de Iniciación, outro de Intervención en Servizos Sociais, Ocio e Discapacidade, Medio Ambiente e Apoio a eventos deportivos.
Descargar todas as imaxes