Escoitar
Bando da Alcaldía

Corina Porro presentou un Bando sobre limpeza e mantemento dos espazos públicos

O Bando xorde coa intención de embelecer a cidade e amosar a súa mellor cara ao mundo con motivo da saída da Volvo Ocean Race. Dito Bando entrará en vigor o domingo día 20.

venres, 18 feb 2005
1108729453positivo.jpg
Bando da alcaldía

Sobre o deber de mantemento, embelecemento e seguridade dos nosos inmobles, solares, tereos, construccións, vías e espazos públicos.

Vigo merece máis

Vigo merece ser un espazo máis limpo, un lugar onde a luz reflicta nos edificios e volte a nós facéndoa máis agradable.

O Concello de Vigo está a realizar un importante esforzo por mellorar as condicións estéticas dos espazos públicos no que se refire tanto ó seu embelecemento coma ás medidas de seguridade que estes requiren. De feito, e ó abeiro deste Bando, o Concello mellorará a iluminación de todos os monumentos da cidade e porá en marcha un plan de rehabilitación de fachadas nos edificios públicos. A nosa cidade mellora e con ela a calidade de vida das viguesas e vigueses así como de todos os que nos visitan. Especialmente neste ano no que a nosa cidade será eixo de todas as miradas ó acoller a Volta ó mundo a vela.

Pero Vigo é tarefa de todos. É labor de todos valorar e respeitar a nosa cidade. Pese a iso, as diferentes normativas e ordenanzas vixentes no que se refire ó mantemento das condicións estéticas no noso contorno non se están a respeitar en todos os casos.

Polo tanto lémbrase que non está permitido:

- Colocar ou rasgar carteis, propaganda, así como realizar pintadas en muros, farolas, valados, papeleiras e outros elementos da vía pública non instalados con esta finalidade.

- Tender roupa nos balcóns e fiestras que sexan visibles dende a vía pública ou sacudir alfombras ou manteis na vía pública.

- Situar fóra das edificacións testos e plantas, debendo situarse no interior das vivendas co fin de impedir que vertan auga.

- Baixar o lixo antes das horas permitidas (entre as 21.00 e as 23.00 horas) ou non pechar e introducir no contenedor as bolsas ben pechadas.

- Tirar na rede viaria ou nos espazos públicos papeis, chicles, colillas e outros desperdizos menores.

- Depositar na vía pública toda clase de entullos e residuos procedentes da construcción, reforma ou demolición de edificacións ou obras.

Soamente poderán instalarse sacos para a recollida de entullos debidamente rotulados co nome da empresa e o nº de teléfono. Deberán ser retirados da vía pública unha vez cheos e en todo caso, non poderán permaneceer na vía pública os sábados, domingos e festivos.

- Deixar na vía pública, en espazos públicos ou privados, mobles, electrodomésticos, colchóns e demais aparellos inservibles. Estes non son tarefa dos recolectores de lixo domiciliario. Existe un servizo municipal de recollida de enseres (986 485300) para tal efecto, onde lle indicarán o día e a hora de recollida.

Este Bando recorda a todos os propietarios ou titulares de edificacións, urbanizacións, terreos, solares, construccións e carteis publicitarios a obrigación de mantelos en constante estado de limpeza, ornato e salubridade, facendo especial fincapé nos que sexan visibles dende a vía pública. As obras que se deriven destas actuacións están xa definidas no vixente Planeamento Xeral e nos Especiais do seu desenvolvemento como obras menores, por non teren carácter estructural.

- Restauración e mantemento dos toldos, rótulos, anuncios luminosos e marquesiñas dos locais comerciais.

- Construcción ou reparación de vados nas beirarrúas ou colocación de toldos nas plantas baixas de fachada á vía pública.

- Adecentamento e reparación de cubertas e tellados así como as de reposición ou reparación de canles e baixantes das edificacións.

- Branqueo ou pintado de portas, fiestras, balcóns que o requiran así como a colocación de cristais ou reparacións análogas nas fachadas.

- Pechamento dos baixos e locais desocupados das edificacións con muros de fábrica e solares namentras que se produce a edificación.

- Limpeza da maleza das fachadas, terreos edificables e fincas en todo o término municipal, evitando que esta invada a vía pública. Dita obriga faise extensiva ós interiores de patio de rueiro e os camiños de vía rural.


Polo exposto, e en uso das atribucións que outorga a esta Alcaldía a lexilación vixente, en especial os apartados 3 e 4 do art. 199 e o art. 9 da Lei 9/2002, de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en defensa do interés xeral da Cidade.

Resolvo

PRIMEIRO.- Ordenar ós propietarios ou titulares de toda clase de terreos, urbanizacións, edificacións, inmobles, carteis publicitarios ubicados no Concello de Vigo a execución na súa propiedade da realización das actuacións e obras menores necesarias para mantelos nas condicións precisas para o cumprimento dos deberes de uso, conservación, funcionalidade, seguridade e ornato público esixidos pola Lexislación vixente.

SEGUNDO.- Autorizar aos propietarios ou titulares de toda clase de terreos, urbanizacións, edificacións, inmobles, carteis publicitarios ubicados no Concello de Vigo que queiran acollerse voluntariamente á obriga de mantemento e conservación da súa propiedade a realización das actuacións e obras menores contidas na parte expositiva do presente Bando.

Para elo, deberán presentar no Rexistro Auxiliar da Xerencia Municipal de Urbanismo, con anterioridade ao día 31 de marzo de 2005 a solicitude de acollemento ao presente Bando expresando as actuacións a realizar e a data da súa realización, debendo estar totalmente finalizadas o día 31 de maio de 2005.

TERCEIRO.- Advírtese expresamente que, en ningún caso, entenderase autorizada ningunha intervención non amparada no presente Bando nin se adquirirán facultades en contra do establecido na lexislación urbanística vixente e que o incumprimento do presente Bando dará lugar, conforme dispón o apartado 4 do art. 199 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, á execución subsidiaria da orden de execución nel contida ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 €, reiterables ata conseguir a execución das obras ordenadas.

No prazo dun mes dende a publicación do presente Bando, un equipo multidisciplinar de seguimento rexido pola Policía Local de Vigo, comenzará a revisar a nosa cidade ó respecto do relatado.

Facer de Vigo un lugar limpo e cheo de luz é tarefa de todos. Respeitando o no so patrimonio, respetámonos todos. Solicito, polo tanto, a vosa colaboración neste labor que outorgará a Vigo unha nova luminosidade.
1108729453positivo.jpg
1108729491chicle.jpg
1108729545spray.jpg
1108729614basura.jpg
Descargar todas as imaxes