Escoitar
Bando

O luns comezan as obras de humanización na zona da praza de Compostela

Ponse en coñecemeneto do público en xeral que a partir do vindeiro luns día 21 de febreiro de 2005, comezan as obras de humanización dos arredores da Praza de Compostela da nosa cidade.

venres, 18 feb 2005
Os traballos referidos que terán unha duración aproximada de 6 meses no seu conxunto e influencia sobre todas as rúas do ámbito, dende Luis Taboada ata Marques de Valadares e dende Colón ata Carral, subdividiránse en distintas fases de obra de xeito que se garanta en todo momento á accesibilidade e a mobilidade, tanto peonil como rodada, da zona.

A medida que as obras avancen, produciranse novas modificacións no tráfico que serán puntualmente informadas, tanto nos medios de comunicación coma na propia rúa con carteis informativos e sinalización correspondiente. Ao mesmo tempo, a policía local velará pola seguridade do tráfico preparando un dispositivo especial que atenda ás necesidades dos usuarios da vía.

1. Neste primeira fase que comenza o luns 21 de febreiro ás 08,00 ha mañá, queda prohibido o estacionamento e a circulación de vehículos, agás residentes, nas rúas Luis Taboada, Pablo Morillo e Castelar.

2. A partir do mércores día 23 de febreiro, queda prohibido o estacionamento de vehículos en ámbalas dúas marxes da rúa Carral.

3. O xoves 24 de febreiro a partir das 0:00 horas, quedarán cortados ao tráfico (ás residentes), a rúa Concepción Arenal e rúa García Olloquii. Estas restriccións obrigan a modificacións nos sentidos de circulación das rúas adxacentes e desvíos alternativos que estarán perfectamente sinalizados no lugar e que serán como segue:

4. A rúa Carral queda establecida en doble sentido de circulación entre Cánovas del Castillo e Victoria, e queda de sentido únicio de subida no tramo entre Victoria e Marqués de Valadares.

5. A rúa Marqués de Valadares modifica o seu sentido de circulación quedando de sentido único dende a rúa Carral ata a rúa Colón.

6. A rúa República Arxentina no tramo entre Colón e a rúa Pontevedra modifica o sentido de circulación, e queda de entrada dende Colón e saída por Pontevedra.

7. A rua Victoria queda de sentido único de circulación dende Areal e saída a rúa Carral.

Tendo en conta os cortes de tráfico na rúa e as modificacións anteriores, os vehículos que procedentes da rúa Areal pretendan chegar ao rúa Cánovas del Castillo, deberán de continuar por Victoria e logo baixar por Carral atá ela.

Os vehículos que procedentes da rúa Cánovas del Castrillo, protendan chegar a rúa Areal deberán de desviarse pola rúa Carral, ascender até Marqués de Valadares, continuar por ésta, e cruzando a rúa Colón, entrar en Rosalía de Castro para, ou ben baixar pola rúa Pontevedra ou ben continuar ata a rúa República Arxentina.

As modificacións nas liñas de transporte público, así como a nova localización das paradas, estarán indicadas nos propios autobuses o nos paneis informativos.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.