Escoitar

Pleno do Concello

Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás dez horas do día 29 DE novembro para resolve-los asuntos da devandita relación.

venres, 26 nov 2004

1.- Acta anterior (sesión 13.09.04)

ALCALDIA
2.- Escrito do voceiro Sr. Soto Ferreiro dando conta de que o seu grupo pasa denominarse "Grupo Municipal do Partido Galeguista".

XUNTA DE VOCEIROS
3.- Intervencións dos grupos políticos municipais sobre o anteproxecto de Lei de creación da Área Metropolitana de Vigo. Expte. 1191/110.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
4.- Aprobación definitiva do estudio de detalle da UA "V-E" do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón. Expte. 8913-411.

5.- Ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións (ITE). Resolución de alegacións e proposta 2º trámite de información pública. Expte. 836/400).

6.- Convalidación da factura 04/018 da entidade "Fraga, G. Quijada, Portolés e Asdos. S.L.", pola redacción do proxecto de modificación da urbanización da superficie do aparcadoiro de Urzáiz.

XESTIÓN MUNICIPAL
7.- Modificación de crédito nún. 3/04, para adquisición de càmaras frigoríficas para o Parque das Ciencias Vigo Zoo. Expte. 83/04.

8.- Proposta de modificación da cláusula adicional segunda do proxecto do regulamento do parque infantil "O Castro". Expte. 70190/210.

9.- Modificación da partida de productividade con cargo a créditos non consumidos no capítulo I de vacantes. Expte. 15371/220.

10.- Indemnización substitutiva por importe de 11.719,74 € a favor de Fujitsu España S.A., polos servicios realizados de soporte e administración informática do Arquivo Pacheco de 2002. Expte. 8299/331.

11.- Indemnización substitutiva por asistencia técnica por importe de 13.920 €. Expte. 1190/110.

12.- Rectificación do Inventario municipal de bens e dereitos aprobado polo acordo plenario de 4 de maio de 1993, referente ó tramo do camiño de San Amaro, entre a vía da Hispanidade e a rúa Zaragoza (tramo en proxecto). Expte. 13222/240.

ASUNTOS SOCIAIS
13.- Denominación de rúas:

a) Victorino Enríque
b) Guillermo Monroy
c) Pepe Vázquez
d) Irmáns Misioneiros dos enfermos pobres.
e) "As Teixugueiras" e "Lamelas".
f) Mercedes Ruibal.

14.- Proposta de nomeamento de vocais veciñais no Padroado do Museo Quiñones de León.

MOCIÓNS
15.- Moción do Grupo municipal do PG sobre colaboración e patrocinio das "Xornadas Marisqueiras e Gastronómicas Vigomar".

16.- Moción do Grupo municipal do PG sobre proxecto ferroviario articulado de calidade.

17.- Moción do Grupo municipal do PG instando a paralización do centro comercial da Laxe.

18.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre instar á Xunta de Galicia a cesión do edificio do antigo centro de saúde de Teis para instalación dunha biblioteca.

19.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre distintas actuacións no barrio de Coia.

20.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre plantación de árbores na Avda. de Balaídos e rúa do Carme.

21.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre problemas de iluminación e adecentamento que afectas ós institutos do Meixoeiro.

22.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre o aparcamento en liña na rúa Ecuador e realizar proxecto de remodelación da zona.

23.- Moción do Grupo municipal do BNG sobre situación do hospital da Cruz Vermella en Vigo.

24.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre situación do hospital da Cruz Vermella en Vigo.

25.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre dereito do cidadán a morrer dignamente.

26.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre construcción dunha nova depuradora en Vigo.

27.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre os ingresos procedentes do Fondo de Cooperación Local.

28.- Rogos e preguntas.