"Conta con elas" levará a paridade laboral a toda a Mancomunidade
O proxecto da Mancomunidade "Conta con elas" acadou a aprobación do Fondo Social Europeo e recibirá unha subvención de 2,7 millóns de euros.
A concelleira Lucía Molares presentou o proxecto de igualdade de oportunidades da Mancomunidade "Conta con elas", aprobado polo Fondo Social Europeo. O proxecto "Conta con elas" enmárcase na iniciativa comunitaria Equal, dedicada a fomentar a cooperación transnacional para promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no mercado de traballo. O proxecto Equal-Compás, aínda vixente na Mancomunidade, dedícase á inserción profesional das persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo, mentres que o proxecto "Conta con elas" dedicarase a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e apoiar a eliminación da segregación no traballo no territorio da Mancomunidade.
O obxectivo xeral do proxecto é a diminución da segregación laboral mediante unha intensa tarefa de sensibilización desenvolvida a tres niveis: socioeducativo, institucional e empresarial-laboral, co fin de facilitar a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres en sectores de actividade e ocupación masculinizados.
A subvención aprobada é de 2,035 millóns de euros que supoñen o 75 por cento do orzamento total do proxecto, que ascende a 2,7 millóns de euros. O 25 por cento restante será achegado polas entidades asociadas, que son os sindicatos UGT, CC.OO. e CIG, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Fundación Caixanova, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.
Para que esta iniciativa poida chegar a tódolos rincóns da Mancomunidade a presencia física estará descentralizada a través de 3 centros antena territoriais e 3 sectoriais que estarán conectados coa central de xestión de "Conta con elas" e apoiados pola presencia do Bus da igualdade. O calendario previsto no proxecto comezaría en 2005 e duraría ata final de 2007.
Descargar todas as imaxes