As Escolas Deportivas Municipais ofertan 5.500 prazas en 35 modalidades
O Concello abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas que este ano teñen un orzamento de 540.000 euros e no que participan 64 entidades viguesas das diferentes disciplinas.
O alcalde destaca a “enorme subvención” das Escolas Deportivas Municipais que neste curso terán un orzamento de 540.000 euros para as 5.500 prazas en 35 modalidades deportivas.
O goberno de Vigo conta este curso coa participación de 64 entidades deportivas, ás que destina 10 euros mensuais por cada alumno rexistrado no programa. O prezo anual das actividades é de 49,75 euros e de 128,25 euros para a natación sincronizada, escalada ou piragüismo.
O alumnado das Escolas Deportivas Municipais desenvolverá a actividade en máis de 35 instalacións, pavillóns, campos de fútbol e espazos deportivos.
O prazo de inscrición xa está aberto para o antigo alumnado e comeza o día 15 de setembro para alumnado novo. A información completa está na web deportes.vigo.org.