Caballero despide a alumnado do programa "Vigo en Inglés"
Abel Caballero achegouse este mércores á praza de Vialia onde saudou aos estudantes do IES Beade e do IES Santa Irene, 23 mozas e mozos que estudarán en Dublín, no Deansrath Community College. Pola tarde, despediu ao alumnado dos colexios Barreiro, Montesol e Santa Cristina que parten cara Liverpool para aprender inglés en The Belvedere Academy. Co programa municipal de inmersión lingüística gozarán dunha estadía de tres semanas para mellorar as súas competencias lingüísticas. Este ano 1.015 estudantes de cuarto de Educación Secundaria participan no Vigo en Inglés.