Vigo retoma o 14 de setembro os talleres do programa “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”
As actividades organizadas polo Concello desenvolveranse en 50 localizacións de toda a cidade ata o 15 de decembro.
Abel Caballero avanzou que o Concello destina 313.000 euros aos talleres e actividades gratuítas dirixidas a maiores de 65 anos, relacionadas con temas de saúde, baile, canto, memoria, benestar, ximnasia e teatro, entre outras.
As persoas que participaron na programación do primeiro semestre do ano non deben volver inscribirse. As novas inscricións deben realizarse a través da web municipal.
O ano pasado gozaron das distintas actividades máis de 7.000 persoas, segundo explicou o alcalde. “Este ano esperamos superar esta cifra”, afirmou.