Escoitar

Abre o prazo de presentación de propostas para os concertos ao aire libre no Pazo de Castrelos

O Concello publicará mañá, venres 10 de abril, as bases da convocatoria para seleccionar as actuacións do ciclo de concertos ao aire libre nos xardíns do Pazo de Castrelos deste verán.

xoves, 9 abr 2026

A histórica contorna do Pazo Museo Quiñones de León será escenario este verán de actuacións musicais durante todos os domingos do mes de xullo, a partir das 12,30 horas. 

Os xestores e grupos musicais poden presentar as súas propostas de concertos e espectáculos para conformar a programación a través do rexistro electrónico do Concello. O prazo de presentación de ofertas prolongarase durante 15 días, tras a publicación do anuncio no perfil do contratante do Concello, aloxado na Plataforma de Contratos do Estado.

Coa renovación dos concertos este verán o Concello ofrece unha programación de interese para a cidadanía nun espazo patrimonial extraordinario.

Descargar todas as imaxes