"As noites de Zarzuela", un percorrido pola historia do xénero, chega a Castrelos o 1 de agosto
O auditorio de Castrelos acollerá o sábado 1 de agosto unha gran noite de zarzuela co espectáculo “As Noites de Zarzuela”, que representará os momentos máis emblemáticos do xénero. A función contará cun elenco de 26 solistas e coro, un ballet e 22 instrumentistas.
Abel Caballero anunciou este xoves o sétimo espectáculo deste verán en Castrelos: “As noites de Zarzuela”. Trátase dunha proposta escénica que invita ao público a somerxerse na esencia, emoción e tradición dun dos xéneros máis propios da cultura española.
A representación chegará ao Auditorio de Castrelos o sábado 1 de agosto, nunha única velada, onde os asistentes serán guiados por figuras emblemáticas por algúns dos momentos máis memorables do repertorio lírico. A través da súa mirada, os espectadores viaxarán polas prazas, verbenas e escenas costumistas. Retómase así, despois de moitos anos, a zarzuela en Castrelos cun percorrido único polas operetas máis representativas.
O espectáculo contará cun elenco de 26 artistas, entre solistas e coro, acompañados por un espectacular ballet para danzas tradicionais, ademais dun equipo de 22 músicos, que darán forma a este viaxe pola historia da zarzuela e os seus momentos máis emblemáticos. A proposta combina música, danza e teatro para ofrecer unha experiencia completa que revive o xénero.
Ao longo da noite soarán algunhas das pezas máis simbólicas, como “El barberillo de Lavapiés”, “La revoltosa” o “El gato montés”, entro outros. “As noites de Zarzuela” é unha oportunidade única para redescubrir o patrimonio cultural do xénero nun contorno único como Castrelos.