O goberno local selecciona seis novas mostras expositivas para os museos municipais
A convocatoria pública convocada para conformar a programación museística do ano 2026 recibiu un total de 53 proxectos, dos que 6 foron seleccionados para a Casa Galega da Cultura e a Casa das Artes.

O alcalde informou este venres do avance na programación dos museos municipais para o ano 2026 trala resolución da convocatoria pública para seleccionar novas mostras. O goberno municipal recibiu 53 propostas entre as que o equipo técnico elixiu 6 “magníficas exposicións”.
A Casa das Artes será un espazo para artistas do circuíto profesional relacionados con linguaxes creativas contemporáneas. Os proxectos seleccionados son os que seguen:
- “Vigo territorio creativo” de José María Barreiro
- “O mar tamén é noso” de Alicia Framis (proxecto multidisciplinar: vídeo, obra plástica e téxtil)
- “Fender, recortar, atopar” de Jesús Valmaseda (escultura)
A Casa Galega da Cultura servirá como espazo de apoio ao talento creativo de artistas galegos emerxentes, de ata 35 anos, en calquera disciplina de creación artística. Os proxectos que se exhibirán son:
- “Narrativas en seda” de Sandra Barreiro (téxtil pinturas sobre seda)
- “Conto atlántico de media noite” de Ventura Alejandro Pérez (pintura)
- “Cinco capas de pintura” de Carmen Suárez (fotografía)