Escoitar

O goberno de Vigo e a Escola de Idiomas organizan “Un mar de linguas”

A proba de aventuras e orientación urbana desenvolverase o domingo 27 de abril coa participación de equipos de ata seis persoas que percorrerán a pé partes da cidade e deberán localizar puntos de control para resolver distintas probas.

martes, 15 abr 2025

Volve a Vigo unha nova edición da proba de orientación urbana “Un mar de linguas” que se desenvolverá o domingo 27 de abril. Xa está aberto o prazo de inscrición para o alumnado que queira participar nesta actividade dinámica e cultural, onde equipos de ata 6 persoas terán que atopar por Vigo puntos de control e resolver distintas probas de coñecemento.

É a cuarta edición dun evento que terá unha duración de 2,5 horas, onde os equipos deciden en todo momento a orde de busca e xestionan os seus tempos para intentar obter o mellor resultado. A proba cada ano rexistra unha mellor acollida, cunha media de 120 personas nos tres anos anteriores.

Descargar todas as imaxes