Escoitar

O alcalde destaca a aposta de ADIF polo Corredor Atlántico de mercadorías coa mellora do tramo Guillarei-Vigo

Abel Caballero valorou este luns o avance “de forma extraordinariamente importante” do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, ADIF, no proxecto do Corredor Atlántico de mercadorías, no medio do silencio da Xunta. Lembrou que o proxecto de investimento do Goberno de España na modernización da liña Vigo-Ourense ascende a 265 millóns de euros e inclúe a electrificación coa fronteira portuguesa.

luns, 14 abr 2025

O alcalde indicou que ADIF inicia o prazo de exposición pública dos bens e dereitos afectados pola renovación da liña aérea do subtramo Guillarei-Vigo do Corredor Atlántico de Mercadorías, que afecta os municipios de Tui, Salceda, O Porriño, Mos, Redondela e Vigo.

Caballero destacou a ausencia da Xunta no recoñecemento público do investimento do Goberno de España na electrificación e mellora do Corredor Atlántico de mercadorías. “Eu si felicito ao Goberno e a ADIF porque están a cumprir os seus compromisos e avanzando”, afirmou á vez que recoñeceu ao ministro de Transportes, Óscar Puente, a súa “dedicación, tan importante, a esta cidade e a este territorio”.

 

 

 

Descargar todas as imaxes