Abel Caballero: “Arrincamos o proceso de defensa de Vigo como sede do Mundial pola vía xurídica”
O Concello acaba de contratar o asesoramento xurídico dun equipo legal multidisciplinar, experto en materia deportiva, para valorar de forma solvente as alternativas ante a exclusión de Vigo da candidatura da Copa do Mundo de fútbol 2030.

Abel Caballero explicou esta mañá que o Concello de Vigo arrinca “o proceso de defensa de Vigo como sede do Mundial pola vía xurídica”, un “paso moi importante” para lograr a “restitución de Balaídos como sede”. O obxectivo é que a través deste asesoramento coñecer os proceso legais aos que podemos acudir “para ir aos tribunais e reclamar os dereitos da cidade de Vigo”.
O Concello acaba de contratar o asesoramento xurídico dun equipo legal multidisciplinar, experto en materia deportiva, para valorar de forma solvente as alternativas ante a exclusión de Vigo da candidatura da Copa do Mundo de fútbol 2030. Concretamente trátase do bufete Montero Aramburu & Gómez-Villares Atencia, que no aspecto deportivo está liderado polo catedrático Eduardo Gamero Casado, ao que o rexedor vigués eloxiou pola súa dilatada traxectoria.