O alcalde visita as melloras de Santiago de Vigo e da Cruz do Nazareno de San Salvador de Teis
O alcalde visitou este venres as obras realizadas na igrexa de Santiago de Vigo e a imaxe relixiosa da Cruz do Nazareno, da Confraría O noso Señor Jesús Nazareno de San Salvador de Teis, dentro do convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Diocese de Tui-Vigo para restaurar e conservar o patrimonio cultural.

Abel Caballero apuntou hoxe o acordo co Obispado para apoiar o proceso de restauración e conservación do patrimonio cultural e arquitectónico propiedade da a Iglesia, que carece de recursos económicos para actualizalo, repoñelo e mantelo.
A igrexa parroquial de Santiago de Vigo foi escenario da primeira visita do rexedor e o concelleiro Ángel Rivas, tras o investimento do Concello 83.257 euros para crear un espazo de recepción de peregrinos e visitantes, instalar unha nova luminaria, restaurar as portas exteriores e limpar os campanarios.
O rexedor observou na igrexa de San Salvador de Teis a reparación da imaxe relixiosa da Cruz do Nazareno, da Confraría O noso Señor Jesús Nazareno. A restauración conlevou un investimento de 4.284 euros.
Caballero apuntou que as dúas obras, enmarcadas no convenio asinado co Bispado de Tui-Vigo en novembro de 2024, ascenden a preto de 90.000 euros. Este acordo tamén contempla a reparación da varandas de madeira da subida aos accesos á capela Virxe do Alba en Valladares, por 9.619 euros.
O alcalde explicou que o obxetivo do convenio ca Diócese de Tui-Vigo é “tratar de manter o patrimonio cultural de Vigo. É un patrimonio de toda a cidade e nós non queremos que desapareza ou se deteriore porque é unha parte da riqueza histórica da cidade”, explicou o alcalde ao lembrar que con estas obras dáse continuidade á actuación do Concello no Cristo da Victoria, a carroza, a rehabilitación do palco de música de Santa Mariña de Cabral, a escultura para acabar a capela da Guía ou a cuberta da igrexa de Fátima.
“Seguiremos cooperando para manter o patrimonio cultural eclesiástico en Vigo”, incidiu Caballero.

