O luns abre o prazo para solicitar os campamentos de verán
Abel Caballero anunciou que o luns a partir das 10 da mañá abre o prazo para inscribir aos nenos e nenas nos campamentos municipais de verán. O Concello oferta 4.000 prazas entre xuño e agosto para a mocidade de Vigo de entre 4 e 17 anos.

O luns 14 de abril ás 10 da mañá abre o prazo para a solicitude dos campamentos municipais de verán. A inscrición poderá facerse ata o 9 de maio na web www.vigo.org. Os campamentos de verán municipais “son actividades para facilitar a conciliación familiar e laboral, así como a formación e ocio dos rapaces e rapazas de Vigo”, afirmou o rexedor. O goberno local inviste 486.751 euros nestas actividades.
Caballero informou que este ano tamén haberá 4.000 prazas para nenos e nenas de Vigo nados entre 2008 e 2021, é dicir, no rango de idade dos 4 aos 17 anos. Estes campamentos desenvolveranse entre o 23 de xuño e o 29 de agosto de 8 a 15 horas.
Os campamentos serán en distintos puntos da cidade:
- Alcabre – Asociación de veciños
- Berbés – CEIP Ramón y Cajal
- Bouzas - Pavillón e praia
- Candeán – CEIP Igrexa
- Casco Vello – Méndez Núñez, 3
- Coia – CEIP Celso Emilio Ferreiro
- CEIP Doutor Fleming
- ETEA – Pavillón e praia
- Ludo Coia – ludoteca Coia
- Ludo Xuventude - Casa Xuventude
- Navia – Pavillón
- Samil
- As Travesas
- VigoNature
- VigoNature Albergue