Escoitar

O Concello rexeita o recurso de Ryanair pola supresión de voos a Londres

O alcalde informou que o Concello reclamará os 17.414 euros á compañía irlandesa pola supresión de voos a Londres “de xeito unilateral e sen informar ao Concello”.

venres, 11 abr 2025
Imaxe: AENA
Imaxe: AENA

O Concello vén de desestimar o recurso de reposición interposto por Ryanair contra o acordo municipal de sancionar á compañía aérea polo incumprimento do contrato. O alcalde informou que se seguirá a reclamar 17.414 euros por eliminar 8 voos a Londres nos meses de verán.

Abel Caballero explicou que “Ryanair modificou de xeito unilateral a oferta de voos a Londres acordada co Concello, eliminando un voo semanal, baixando de 3 a 2 frecuencias, e sen informar ao Concello”.

Amais, o Concello tamén está a estudar o contrato de publicidade coa compañía por se fora preciso abrir outro expediente se non se están a cumprir as condicións do contrato. “Seguiremos defendendo os dereitos da cidade de Vigo”, concluíu

Descargar todas as imaxes