Escoitar

Caballero, sector hoteleiro e taxistas coinciden: “Vigo ten que ser sede do Mundial 2030”

O alcalde comeza una serie de reunións cos sectores que se verían beneficiados con Vigo como cidade mundialista. O sector hoteleiro e o taxi a favor de que Vigo sexa sede do Mundial 2030 para reforzar a marca cidade.

luns, 14 abr 2025

“Non imos ficar calados”, afirmou o alcalde tras a xuntanza co sector hoteleiro e a xunta directiva do autopatronos do taxi en Vigo con motivo do Mundial 2030.

O alcalde comeza así unha serie de xuntanzas con colectivos da cidade que se verían beneficiados se Vigo é sede mundialista: “Vigo ten e mostrou méritos sobrados e por iso Vigo foi seleccionada e estaba no primeiro listado”.

Caballero explicou a situación da elección das sedes do Mundial 2030 aos representantes dos hoteis e taxistas e avanzou que seguirá a manter reunións con máis colectivos da cidade.

“Imos explicar a nosa proposta da importancia do Mundial para a marca Vigo e que queren destruíla deixándonos fóra do Mundial”, concluíu.

Descargar todas as imaxes