A Coral Casablanca actuará en Castrelos o sábado 26 de xullo
A Coral Casablanca é “un concerto excepcional” que cada ano se suma ao programa de Vigo en Festas no Auditorio de Castrelos.

Abel Caballero anunciou que o concerto tradicional que cada verán enche a platea do Auditorio de Castrelos será o sábado 26 de xullo.
A Coral Casablanca fundouse no 1957 no Convento dos Pais Capuchinos do barrio vigués co mesmo nome. É a máis laureada de Galicia e a máis antiga en activo da cidade. O coro ten sido premiado e recoñecido nunha vintena de ocasións e ten actuado en Galicia, Portugal, Asturias, Euskadi, Aragón, Castela e León, Canarias, Cataluña, Madrid, Bélxica, Francia e Alemaña.
Cabe destacar os concertos que deu no Palau da Música de Barcelona, a Catedral de Bruxelas con motivo da Europalia 85, o Teatro Comunale de Estrasburgo, a Catedral de L’Orient, así como outros tantos escenarios de toda España.
O programa de concertos de Castrelos, aínda por completar, conta con estes nomes:
- Ana Belén – 12 de xullo
- Gente de Zona – 17 de xullo
- Trueno – 18 de xullo
- Rozalén – 24 de xullo
- Coral Casablanca – 26 de xullo
- Vanesa Martín – 31 de xullo
- Ópera La Traviata – 1 de agosto
- Jason Derulo – 8 de agosto
- Ópera Turandot – 9 de agosto
- UB feat. Ali Campbell – 15 de agosto
- India Martínez – 16 de agosto