Escoitar

Visitas guiadas en Castrelos con motivo do Día Europeo dos Xardíns Históricos

O Concello segue a divulgar os xardíns históricos do Pazo Quiñones de León cunha xornada de portas abertas o sábado 26 de abril. As prazas son limitadas e as persoas interesadas deben inscribirse no 010.

martes, 15 abr 2025

Abel Caballero anunciou que o Concello organiza para o vindeiro sábado 26 de abril, con motivo do Día Europeo dos Xardíns Históricos, visitas guiadas gratuítas aos xardíns do Pazo Quiñones de León.

As inscricións poden facerse no teléfono de información municipal 010. Serán oito quendas – de 10 a 14h e de 16 a 20h – en grupos de máximo 25 persoas. “As visitas serán guiadas con expertos e coñecedores dos xardíns do Pazo de Castrelos”, informou o alcalde.

Descargar todas as imaxes