Escoitar

O Concello autoriza ao Celta a organizar concertos en Balaídos o próximo verán

Abel Caballero e a presidenta do club, Marián Mouriño, asinaron esta tarde a notificación dun acordo que lle permitirá á entidade organizar grandes eventos no campo municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo. O Concello e o club amplían a súa cooperación para reforzar a marca Vigo como referencia cultural e turística.

luns, 25 nov 2024

O Concello autorizará ao Real Club Celta de Vigo a celebración de concertos no Estadio Municipal de Balaídos. Con ese obxectivo, Abel Caballero e a presidenta do club, Marián Mouriño, asinaron esta tarde a notificación dun acordo que lle permitirá á entidade deportiva organizar grandes eventos na instalación municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo.

Balaídos está perfectamente preparado para albergar espectáculos de gran afluencia considerados de gran importancia tanto para a cidade como para o club celeste. A organización destes eventos musicais suporá un importante retorno económico para a cidade, así como a posta en valor da principal infraestructura deportiva do sur de Galicia. O acordo facilitará, ademais, que a música e a cultura sigan arraigando en Vigo.

O Concello e o Real Club Celta amplían deste xeito a súa cooperación para reforzar a marca Vigo como referencia cultural e turística.

 

Descargar todas as imaxes