Crece o 1,3% o número de viaxeiros en outubro, cunha ocupación hostaleira media superior ao 65%
O alcalde afirmou este venres que o incremento nun 1,3 por cento de viaxeiros rexistrados polo Instituto Nacional de Estatística o pasado mes de outubro consolida a Vigo como unha “das cidades turísticas máis importantes de Europa”.
Abel Caballero destacou hoxe o aumento nun 1,3 por cento do número de visitantes a Vigo rexistrado o pasado mes de outubro en comparación co mesmo mes de 2023 “que xa foi especialmente alto”. A este dato súmase a subida dos turistas internacionais en máis do 11,11 por cento.
A ocupación hostaleira media superou o 65 por cento.