Escoitar

Igualdade organiza o mércores 27 o taller didáctico "Cinema e liberdade" co filme "Tódalas mulleres que coñezco"

A concellería de Igualdade organizou para o vindeiro mércores 27 de novembro, dentro da programación do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, o taller “Cinema e liberdade”, no que participará alumando de terceiro e cuarto da ESO, Bacharelato e FP, de catro centros docentes da cidade. A actividade terá por eixo a proxección do filme de Xiana Teixeiro “Tódalas mulleres que coñezo”.

venres, 22 nov 2024

O Auditorio Municipal de Vigo acollerá o día 27 de novembro catro sesións do taller sobre “Cinema e liberdade” no que 385 alumnos de catro centros docentes: CPR Alba; Maristas-O Pilar; IES A Guía e CPR Plurilingüe María Auxiliadora, traballarán sobre a igualdade e a violencia de xénero.

Tras a proxección do filme “Tódalas mulleres que coñezco”, de Xiana Teixeiro, o estudantado participará nun coloquio onde se exporán unha serie de temas sobre a igualdade de xénero.

A actividade está dirixida a indentificar as situacións de violencia contra a muller, incluída a cultura da imaxe dixital, e as propostas para fomentar unha lectura crítica.

Os profesores contan cunha unidade didáctica con pautas pedagóxicas para continuar co traballo nas aulas.

Próximas actividades do 25N

Venres, 22 de novembro
Espectáculo: “Feminíssimas”. VigoCultura

Dirección: Xavier Castiñeira. Elenco: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Ana San Fernando.

Compañía De Ste Xeito Producións

20:00 h

Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1

Prezo 5 €. Venda anticipada de entradas

Luns, 25 de novembro
 ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP

De 10:30 a 12:30

Lugar: Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

Entrada con invitación previa

MANIFESTACIÓN

20:00 h

Convoca Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

Cruzamento da Vía Norte con Urzaiz

Mércores, 27 de novembro
Proxección “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro

Sesións escolares para alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP

De 10:00 a 13:30

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1

Entrada con invitación previa

Xoves, 28 de novembre
Teatro “Cigarreras”

Dirección: Cándido Pazó. Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Casilda G. Alfaro e Ledicia Sola.

Compañía Contraproducións

20:00 h

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1

Entrada libre ata completar a capacidade do local

Luns 2 e martes 3 de decembro
Xornadas formativas sobre a Abolición da prostitución

De 16:30 a 20:30 h

Xornadas presenciais

Inscrición previa

Lugar: Sala de conferencias do Centro Social Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 26

Descargar todas as imaxes