O Concello reformará a fachada do antigo local municipal da rúa Santiago, que contará cunha bancada
Abel Caballero avanzou hoxe que na próxima Xunta de Goberno aprobarase a contratación das obras para reformar a fachada e acondicionar o local municipal situado na rúa Santiago coas que se recuperará a antiga fisionomía da praza que se atopa no Paseo de Alfonso, fronte á oliveira.
O alcalde detalloU que as obras, que contan cun investimento de 119.000 euros, embelecerán a praza, ademais de mellorar a accesibilidade.
A nova humanización enmárcase no proxecto para "facer que en Vigo, e no Paseo de Alfonso, todo estea acorde coa importancia que ten esta zona histórica".
O antigo local municipal pasará a contar cunha fachada de pedra, respectando a estética da contorna, e cunha bancada.