Máis de 1.000 estudantes de ESO, Bacharelato e FP Enlazan Vigo contra a violencia de xénero
O alcalde asistiu este luns no Auditorio Mar de Vigo á décimoterceira edición da iniciativa municipal “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero” na que participan 1.000 estudantes de Educación Secundaria, Bacharelato, e ciclos formativos de Formación Profesional para “declarar a loita contra calquera tipo de violencias contra a muller”, no 25N.
"É moi importante que as mozas e os mozos se sensibilicen da notabilidade e da relevancia de estar en contra das violencias machistas”, afirmou hoxe Abel Caballero ao recalcar o “éxito” da actividade “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero”, enmarcada no programa das iniciativas para a conmemoración o 25N: "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller".
Durante os 13 anos nos que o Concello organizou a iniciativa con estudantes de terceiro e cuarto de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, máis de 25.000 mozos participaron na xornada de formación e sensibilización.
“Imos continuar facendo e dicindo desde Vigo un non rotundo a calquera tipo de violencia ou discriminación que negue o dereito da igualdade”, afirmou Abel Caballero.
Próximas actividades municipais do 25N
Manifestación 25 novembro
20:00 horas
Convoca Rede de Mulleres contra os Malos Tratos
Cruzamento da Vía Norte con Urzaiz
Mércores, 27 de novembro
Proxección “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro
Sesións escolares para alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP
De 10:00 a 13:30
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada con invitación previa
Xoves, 28 de novembre
Teatro “Cigarreras”
Dirección: Cándido Pazó. Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Casilda G. Alfaro e Ledicia Sola.
Compañía Contraproducións
20:00 h
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Luns 2 e martes 3 de decembro
Xornadas formativas sobre a Abolición da prostitución
De 16:30 a 20:30 h
Xornadas presenciais
Inscrición previa
Lugar: Sala de conferencias do Centro Social Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26