O Concello concederá este ano 3.560 bolsas de comedor, un 18% máis que o ano pasado
O goberno local outorgará este ano 3.560 bolsas de comedor, un 18% máis que o curso pasado. Dado o incremento da demanda, o Concello habilitará un suplemento de orzamentario de 250.000 euros o que elevará a contía final a 1.530.000 euros para financiar axudas de libros e comedor.
O alcalde avanzou esta mañá que o Concello outorgará este ano 3.560 bolsas de comedor, 560 máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 18%. Respecto das bolsas de libros, concedéronse 1.430 achegas, 80 máis que o ano pasado, o que representa case un 20% máis. En total, serán 4.490 bolsas as concedidas para este curso escolar, un período no se incrementou a demanda polo que será preciso habilitar un suplemento de crédito de 250.000 euros para que “ninguén que cumpra os requisitos quede sen axuda”.
O goberno local adicará, por tanto, 1.530.000 euros para financiar bolsas de libros e comedor -non hai lista de agarda – unha cantidade á que hai que sumar a partida destinada ao mesmo fin a través da subvención de FOANPAS. Na súa intervención, Caballero lembrou que estas axudas son competencia da Xunta de Galicia e censurou que as contía da bolsa de libros do Concello é de 100 euros, mentres que as da Xunta son de 75 euros.
Tal e como explicou, o Concello comunicará hoxe aos colexios a resolución provisional do alumnado que recibirá bolsa de comedor, de xeito que os centros educativos poden anticipar o gasto. Anunciou que, ao igual que o ano pasado, o Concello abonará en novembro o 50% do total do curso escolar; en febreiro, o 30% e o 20% restante, regularizarase cando finalice o curso.