Escoitar

1.300 escolares “enlazaron Vigo” contra a violencia de xénero

Alumnos de 24 centros educativo da cidade participaron esta mañá na iniciativa “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero”. Nesta ocasión o Auditorio Mar de Vigo foi o escenario elixido para desenvolver un programa que ten por obxectivo sensibilizar á mocidade con formación ou exposicións, entre outras accións.

venres, 25 nov 2022

Abel Caballero saudou esta mañá aos participantes no acto “Enlaza Vigo contra a violencia de xénero” que este ano reuniu no Auditorio Mar de Vigo a 1.300 estudantes de 24 centros educativos. Coincidindo, co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello organiza un programa que trata de previr as violencias machistas entre a mocidade.

Ademais, ás 20,00 h de hoxe, partirá do cruce de Urzáiz e Vía Norte a manifestación convocada por Feminismo Unitario Vigo. Finalmente, iluminaranse de cor violeta as fontes de Aragón e a marquesiña da Praza do Emigrante.

Descargar todas as imaxes