Escoitar

O goberno local activa o dispositivo do frío ante a previsión de baixada de temperaturas

Ante a previsión meteorolóxica de baixada de temperaturas, o Concello activará o dispositivo do frío para atender ás persoas que viven na rúa e non queren acudir ao albergue. Ademais de distribuír bebidas quentes e mantas, ofreceranlles trasladalos ao instalacións baixo teito para refuxiarse do frío.

venres, 25 nov 2022

O Concello puxo en funcionamento o dispositivo de frío ante a previsión da baixada das temperaturas mínimas esta fin de semana. A unidade de rúa, que sae todos os días e agora tamén pola noite, ofrece bebidas quentes, mantas ademais do servizo de albergue. Nestes momentos, a instalación municipal de Marqués de Valterra ten prazas libres pero, en previsión de que poideran cubrirse todas, o Concello dispón de vacantes no albergue de Santa Cruz -co que ten un convenio – o procederase a derivar a hostais, se fora preciso.

Para as persoas que non queiran pernoctar pero si refuxiarxe do frío, o albergue municipal ofrece unha sala na que serve merenda pola mañá e pola tarde. Ali poderán ver a televisión, ler xornais, usar xogos de mesa ou ordenadores.

Descargar todas as imaxes