Escoitar

Vigo ilumina de azul as fontes de Aragón polo Día do Paciente Celíaco

O Concello e a Asociación de Celíacos de Galicia en Vigo colaborarán nun programa de apoio ás persoas que sofren a enfermidade celíaca.

venres, 27 mai 2022
As fontes de Aragón iluminadas
As fontes de Aragón iluminadas

A cidade súmase á celebración do Día Nacional do Paciente Celíaco, este venres 27 de maio, baixo o lema “Unidos somos máis fortes” coa iluminación durante esta noite das fontes de Aragón de color azul.

O alcalde salientou a importancia do traballo que desenvolven as asociacións de celíacos e referiuse ao encontro que mantivo cunha representación da Asociación de Celíacos de Galicia na área de Vigo, con quen acordou elaborar un programa conxunto para apoiar o seu labor e estar ao carón dos pacientes “para que sintan seguridade e que a cidade e a contorna cooperan con eles”.

Descargar todas as imaxes