Escoitar

O alcalde pon en valor a rapidez coa que se entregan as axudas de emerxencia

O Concello vén de adxudicar 91 novas achegas de emerxencia, por un importe superior aos 21.000 euros. Tal e como explicou, esta axuda é compatible co Ingreso Mínimo Vital o que non ocorre coa Risga, polo que emprazou á Xunta a harmonizar estas prestacións.

venres, 27 mai 2022

Concello segue adiante coas axudas de emerxencia e nesta semana a comisión municipal concedeu 91 por importe de máis de 21.000 euros. Tal e como detallou o rexedor, 50 destas achegas foron para pagos de alugueiro, 5, para hipotecas; 19 para subministros; e, 13 para alimentación.

En verbas do alcalde, Vigo está a aplicar unha nova política social, que neste caso actúa como unha prestación adicional ao Ingreso Mínimo Vital, e destacou a rapidez coa que se tramita, ademais de lembrar que non ten límite orzamentario. Neste punto, Caballero reclamou á Xunta que faga compatible o IMV coa Risga, tal e como xa están facendo outras comunidades autónomas ou como fai o Concello coas achegas de emerxencia.

Desde que comezou a pandemia, o goberno local xa adxudicou 17.890 axudas que beneficiaron a 51.528 persoas cun orzamento de 2,8 millóns.

 

Descargar todas as imaxes