Escoitar

Caballero apoia a campaña de promoción turística de Xixón en Vigo

“Gijonomía” é o lema da campaña turística co que esta cidade asturiana estará esta fin de semana en Vigo cun autobús situado na Farola de Urźaiz. Durante unha visita realizada esta mañá, o alcalde animou a toda a cidadanía viguesa a visitar unha cidade “amigable, bonita e cun pasado industrial semellante ao de Vigo”.

venres, 27 mai 2022

O alcalde achegouse esta mañá ao autobús da “Gijonomía” que estará hoxe venres e o domingo 29 na Farola de Urzáiz promovendo a cidade asturiana en Vigo. Caballero sumouse, deste xeito, á campaña turística dunha urbe “amigable, bonita e cunha historia industrial semellante á nosa”, dixo o rexedor. Acompañado pola concelleira de Turismo, María Lago; e o seu homólogo xixonés, Santos Tejón, animou á cidadanía viguesa a pasar uns días en Gijón ao tempo que lembrou que son moitos os asturianos que xa nos visitan cada ano. “Temos unha grande empatía porque ambas somos grandes cidades que, sen embargo, non somos capital de provincia”, rematou.

 

Descargar todas as imaxes