Escoitar

O Club de lectura do Marco pecha temporada con Cristina Sánchez-Andrade e Andrea Costas Lago

O alcalde deu conta en rolda de prensa este venres da celebración o vindeiro martes, 31 de maio, dun encontro entre a autora e a artista, que teñen unha “destacada presenza”, sobre a actividade creativa.

venres, 27 mai 2022
O rexedor ofrece declaracións
O rexedor ofrece declaracións

Cristina Sánchez-Andrade e Andrea Costas Lago conversarán sobre a creación, as formas de levar adiante as lecturas e “debaterán sobre os ámbitos culturais na cidade e a importancia da cultura como factor de ancoraxe da sociedade viguesa”, apuntou Caballero. Será no Salón de Actos do Marco ás 19 horas do martes 31 de maio.

O BiblioMARCO pecha esta temporada da man de Cristina Sánchez-Andrade, autora dun dos libros que se debateu e analizou estes meses no Club de Lectura, e da artista Andrea Costas Lago, que protagonizará no outono unha exposición no MARCO. Disertarán tamén os sobre os medos universais, un dos fíos condutores presente en todas as lecturas elixidas durante os últimos meses.

Descargar todas as imaxes