Urbanismo concede licenza de obras para a nova sede do Consorcio do Casco Vello
O Consorcio do Casco xa conta coa licenza municipal para adaptar o edificio no que vai instalar a súa sede. Tal e como explicou o rexedor, esta autorización tramitouse coa máxima celeridade, ao contrario que sucede coas solicitudes municipais no Consorcio que “ni ten sequera son incluídas na orde do día” dos plenos.
O Concello outorgou a licencia de obra ao Consorcio Casco Vello para rehabilitar o edificio no que vai instalar a súa sede, na rúa Ferrería, 45. O Concello deulle a máxima prioridade a esta autorización e tramitouna en dúas semanas.
En declaracións aos medios, o alcalde contrapuxo esta axilidade municipal co trato que reciben as peticións dos membros do Concello no Consorcio para alugar 14 locais do Casco Vello para revitalizar a zona. Tal e como explicou, o “boicot” ao Concello é tal que “nin tan sequera incluíron esta solicitude na orde do día”. Ante esta situación, o rexedor avanzou que o Concello pedirá un tratamento equitativo polo que entende que se as peticións da Xunta son aceptadas, ás do Concello tamén deberán ser aprobadas, defendeu.