Escoitar

O Concello reparte este sábado outras 20.000 máscaras faciais nos mercados municipais

Hixiénicas e reutilizables ata os dez lavados, segundo informou o alcalde, a entrega comenzará desde as 10:30 horas nas prazas do Calvario, Teis, Travesas, Bouzas, Progreso, Cabral e o Berbés.

venres, 26 mar 2021

O goberno de Vigo prosegue co reparto gratuíto de máscaras faciais entre a cidadanía e este sábado distribuirá 20.000 unidades nas contornas dos mercados municipais de Vigo.

Anunciouno este venres en rolda de prensa Abel Caballero, quen especificou que as máscaras son hixiénicas e reutilizables ata os dez lavados, e forman parte do lote de 200.000 doadas ao Concello de Vigo pola empresa MAPE, compañía á cal o alcalde trasladou o seu recoñecemento público.

Como en ocasións anteriores, voluntarios e voluntarias municipais serán os responsables da entrega das máscaras entre a cidadanía, comezando entre as 10:30 e as 11 horas nas prazas do Calvario, Teis, Travesas, Bouzas, Progreso, Cabral e o Berbés. Desde a irrupción do Covid, o Concello de Vigo superou o medio millón de unidades repartidas de balde entre os vigueses e viguesas.