O Concello abre a consulta pública a ordenanza de vehículos de mobilidade persoal
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o primeiro trámite para aprobar a ordenanza municipal que regulará as condicións de circulación de vehículos de mobilidade persoal nas vías urbanas da cidade.
O alcalde expuxo que “iniciamos unha nova etapa na mobilidade da cidade” e cualificou a ordenanza como “imprescindible”, dada a multiplicación do uso de vehículos de mobilidade persoal, especialmente de patinetes e bicicletas eléctricas. Apuntou amais que o obxectivo é “favorecer a seguridade viaria e garantir a circulación destes vehículos de forma adaptada e segura fronte aos vehículos tradicionais.
Caballero explicou que nas zonas peonís estes seguirán tendo prioridade pero que cómpre protexer as persoas que optan polo uso destes vehículos máis sostibles e que ofrecen menos protección fronte a outros tipos de vehículos e queremos que os que o elixen teñan máxima garabtía soobre a súa seguridade.
O prazo consulta pública previa da ordenanza estará aberto durante 20 días hábiles para recibir as propostas cidadás e, unha vez recollidas, seguirá o proceso de tramitación do texto definitivo, ao que segue aprobación previa, novo período de exposición pública ata a aprobación definitiva en el Pleno. Segundo explicou o rexedor “queremos avanzar o máis rápido posible”.
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a segunda e última prórroga do contrato de servizos de limpeza pública, viaria, recollida e transporte de residuos domésticos de Vigo que inclúe tres lotes: o primeiro adxudicado a Contenur e os Lotes 2 e 3 a FCC.