Escoitar

O alcalde valora a “boa solución” do primeiro aparcamento semirrobotizado de Vigo

Abel Caballero visitou este luns o primeiro aparcamento destas características que se instala na cidade, nun edificio sostible situado na rúa Colón número 11, que é o primeiro con certificado Passivhaus en Galicia.

luns, 29 mar 2021
O alcalde durante a visita ao aparcamento
O alcalde durante a visita ao aparcamento

“É unha boa solución para determinadas zonas nas que non é posible ter aparcamentos”, apuntou o rexedor, citando como exemplo as contornas históricas das cidades e certificando, tras a visita, que “funciona ben”.

Neste caso, o primeiro aparcamento semirrobotizado de Vigo, dispón 8 prazas para vehículos nun espazo onde soamente cabían dous, está equipado con carga eléctrica en todas as prazas e utiliza tecnoloxía na vangarda das solucións de aparcamento para conseguir unha mobilidade sostible.

O aparcamento está instalado nun edificio na rúa Colón 11, a primeira vivenda sostible con certificado Passivhaus en Galicia que distingue edificios enerxeticamente eficientes que tamén recibiu o premio especial á Sostibilidade 2020 outorgado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

 

Descargar todas as imaxes