Escoitar

O Concello iniciou a desmontaxe da torre de iluminación da grada de Marcador

A reforma do estadio de Balaídos avanza e xa se iniciou a desmontaxe da torreta de iluminación da grada de Marcador ademais de comezar coa retirada de asentos. A previsión é arrancar no verán coa retirada do groso da instalación.

luns, 29 mar 2021

O alcalde deu conta do inicio esta mesma mañá dos traballos de desmontaxe e demolición da torreta de iluminación da zona Tribuna-Marcador. Así o avanzou nunha rolda de prensa no que detallou o cronograma de obras previsto no estadio de Balaídos. De feito, xa se retiraron 1.500 asentos -hoxe desmontaranse outros 500- na grada de Marcador e tamén comezarán as labores para retirar os asentos de Río Baixo. Todos eles serán reutilizados, abundou o rexedor.

En coordinación coa Liga, acometerase o desvío provisional das instalacións da grada e a finais de abril, desmontarase a torre de iluminación da grada de Gol, os interiores (barandas, portas, ventás....) e iniciarase a rede exterior de pluviais. Unha vez que os bombeiros abandonen o local -irán o edificio da antiga depuradora -, procederase a demoler o interior do local.

Rematada a Liga, arrancará a desmontaxe do marcador electrónico – que será entregado ao Club – , da iluminación do campo na grada e xa no verán, iniciarase a retirada do groso da instalación para poder elevar a nova gran grada de Marcador.

O orzamento desta obra é de 15,5 millóns -achegados polo Concello e pola Deputación de Pontevedra -, insistiu o rexedor, ao tempo que afeou á Xunta por non participar no financiamento desta infraestructura deportiva.

 

Descargar todas as imaxes