Vigo acolle a rodaxe da nova película do cineasta Dani de la Torre
O cineasta Dani de la Torre (‘El desconocido’, ‘La sombra de la ley’, ‘La unidad’) grava as escenas previstas despois de levar a cabo durante os últimos días un cásting na busca de figurantes.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, congratulouse este martes pola presenza en Vigo do cineasta Dani de la Torre para a rodaxe da súa nova película, “Life is live”. “Está ocupando unha parte moi importante da cidade, nos facilitamos o seu traballo, xera emprego e queremos que Vigo estea no cine, sempre ofrecemos a cidade coma un plató de rodaxe, esta cidade fermosísima que ofrece todos os ambientes que un poida imaxinar”, sinalou o alcalde.
A rodaxe comezou o domingo e Ricardo Mella e continuou ao longo deste luns e martes nas rúas Tercio de Afora, Venezuela, Falperra, Romil e Camelias. O cineasta Dani de la Torre (‘El desconocido’, ‘La sombra de la ley’, ‘La unidad’) grava as escenas previstas despois de levar a cabo durante os últimos días un cásting na busca de figurantes.