Escoitar

O Concello conta cunha páxina web adicada aos emigrantes

venres, 21 feb 2003
A concellería de Participación Cidadá desenvolve unha páxina web integrada no portal da Concellería na que se ofrece información á emigración e que conta con apartados como taboleiro de anuncios, noticias e enlaces.

A concellería de Participación Cidadá ten detectado que existe unha forte demanda de información dos descendentes dos emigrantes galegos a través de internet. No servicio de Atención Cidadá e concretamente na páxina web da concellería de Participación Cidadá (www.cidadansvigo.org) e da páxina web institucional do Concello, vense a recibir gran número de solicitudes de información relacionada coa emigración, tales como trámites legais relacionados coa nacionalidade, niveis de emprego, profesións máis solicitadas, axudas para o retorno, etc.

A través da páxina do emigrante podese consultar: Taboleiro de anuncios, no que calquera cidadán poderá incorporar solicitude de información, de calquera índole. Apartado de Noticias, no que se mostrarán as informacións que sexan de interese á emigración como axudas institucionais, publicación de interese, etc. Sección de Enlaces, na que clasificados por temas se indicaran enlaces a outras páxinas web de interese.Información Xeral, neste apartado introducirase información relacionada coa tramitación administrativa para solicitar a nacionalidade, o permiso de residencia, de traballo, etc. Taboleiro Relacional no que os emigrantes poderán publicar información para poñerse en contacto con outras persoas, estructurados e por temas.