Abertas dúas novas rúas en Lavadores
Tralo remate das obras de urbanización, o Concello abriu á circulación de vehículos dúas novas rúas no barrio de Lavadores: José Franco Montes e Ernesto Lecuona. Iso facilita o tránsito na zona comprendida entre Santa Cristina de Lavadores e a Avenida Ramón Nieto, xa que as novas rúas teñen maior anchura e facilitan a permeabilidade entre a parte alta e a baixa da parroquia.
A creación dos novos viais motivou unha reordenación do tráfico nesa zona, que quedou do seguinte xeito:
- A rúa Curros ten sentido único ascendente ata Ramón Nieto.
- A rúa José Franco Montes ten sentido descendente dende Ramón Nieto ata Ernesto Lecuona.
- Ernesto Lecuona ten dobre sentido de circulación entre Curros e José Franco Montes e sentido único dende esta última ata a Baixada ao Capitán.
- A baixada ao Capitán ten sentido único ascendente dende Ernesto Lecuona ata Ramón Nieto e descendente dende ese mesmo cruce ata a rúa Curros.
Descargar todas as imaxes