Parques e Xardíns remata unha obra de axardinamento na praza de España
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns creou unha zona axardinada situada na parte superior do túnel de saída a Gran Vía en dirección a Urzaiz. Henrique Vieitez destacou que esta actuación na praza de España se realizou cun proxecto deseñado para un entorno frecuentado por unha gran cantidade de vehículos e peóns que precisaba amosar un aspecto máis agradable para os cidadáns.
Habilitouse unha pequena parcela en semicírculo con tres grandes xardineiras de madeira con árbores e detrás outras máis pequenas de pedra con masas arbustivas. Ao redor das xardineiras de madeira van o tepe e mailas flores.
A obra de axardinamento da praza de España proxectouse tendo en conta o seu entorno, para facer máis amables as partes laterais da praza.
A conclusión das obras, segundo as previsións do departamento de Parques e Xardíns, será o venres 21 de febreiro sempre que a climatoloxía o permita. O custe da actuación foi de 2.500 euros.
Descargar todas as imaxes