Actualízase a ordenanza que regula as axudas para a rehabilitación de vivendas no Barrio Histórico
O Consello da Xerencia remitiulle ao Pleno da corporación a nova Ordenanza Reguladora de Axudas para a Rehabilitación de Edificios e Vivendas na Área de Rehabilitación Integral do Barrio Histórico. O goberno municipal modificou a normativa para adaptala ás condicións do Plan de Vivenda 2002-2005.
A concellería de Urbanismo aproveitou a reforma da Ordenanza para introducir algúns cambios que permitirán axilizar os trámites administrativos para a concesión das axudas e que facilitarán a comprensión dos tipos de actuación subvencionables. Tamén se incluiu o futuro uso da vivenda (propio, aluguer ou venda) como criterio no momento de avaliar a preferencia no dereito á subvención. Así, primaranse aquelas obras de rehabilitación que vaian dirixidas a destinar a vivenda a uso propio. Tamén se clarexan as compatibilidades das axudas, na medida en que non interfiran con outras subvencións promovidas polas administracións.