Escoitar

Programa do Entroido organizado por Festas e Animación Sociocultural

venres, 21 feb 2003
imx2360.jpg
Cartel
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza actividades para fomentar as festas de Entroido que se celebrarán do venres 28 de febreiro ó 5 de marzo nas rúas viguesas.

Programa

Venres, 28 de febreiro:
20.30h Foguete de benvida ó Entroido 2003.
Espectáculo de entronización do MECO presidido polo Rei Momo. Pregón a cargo de Sergio Pazos, Tonino e Mario Caballero. Porta do Sol.

Sábado, 1 de marzo:
18.30h Desfile de comparsas, polas seguintes rúas: Camelias, Álvaro Cunqueiro (marxe dereita), Camelias e praza de América.
23.00h Verbena na Porta do Sol: ABANICO e ALKAR.
01.30 h Concurso de disfraces, na Porta do Sol.

Domingo, 2 de marzo:
11.00 a 14.00h Entroido cos nenos: inchables, obradoiros e actuacións.
16.00 a 20.00h Praza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.

Luns, 3 de marzo:
16.00h a 20.00h Entroido cos nenos: inchables, obradoiros e actuacións.
Praza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.

Martes, 12 de febreiro:
16.00h a 20.00h Entroido cos nenos: inchables, obradoiros e actuacións.
Praza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.
17.00 h Degustación de productos típicos do Entroido. (Colabora Aldeas Infantís). Praza do Rei.
22.30h Verbena na porta do Sol: CHARLESTON e NUEVA GENERACIÓN.
23.45h Xuízo do Meco na Porta do Sol.
24.00h Lectura da sentencia e queima do Meco, Porta do Sol.
00.30h Continuación da verbena na Porta do Sol.

Mércores, 5 de marzo:
18.30h Velorio do cadaleito na praza do Rei.
20.00h Enterro do Meco, desfile de comparsas acompañando o cadaleito, polas seguintes rúas: Camelias, Álvaro Cunqueiro (marxe dereita), Camelias e praza de América
21.30h Responso, sepelio e lectura do testamento na praza de América.
21.45h Lectura da acta do xurado na praza de América.
22.00h Remate das festas do Entroido 2003.
Descargar todas as imaxes