Príncipe e Cuíña descubren unha placa no aniversario de Laxeiro
O concelleiro Carlos Príncipe e o deputado Xosé Cuiña descubriron unha placa conmemorativa do aniversario de Laxeiro. Tralo acto, trasladáronse ao pazo Quiñones de León para asistir á reunión ordinaria da Fundación Laxeiro onde acordaron nomear patrono a Carlos Príncipe, polo seu labor á fronte desta institución, e patrono de honor a Xosé Cuiña.
O concelleiro de Cultura sinalou que Vigo e Lalín ”son cidades irmáns nunha Galicia renovada que pensa no futuro”. Príncipe dixo tamén que ”Laxeiro quería moito a Cuíña e gustaríalle que pertencese ao Padroado da Fundación”.
O deputado autonómico Xosé Cuíña destacou que é para un lalinense motivo de ledicia traballar pola lembranza da figura de Laxeiro. ”O artista soubo representar como poucos o espírito galeguista da Xeración Nós e introuciu aires de renovación na pintura con modernidade e fonda raizame galega a través de suxerentes imaxes e un universo propio de formas e cores”, afirmou.
Na reunión ordinaria presentouse a memoria do ano 2002 e procedeuse a revisar o orzamento para o 2003 que incidirá en actividades sobre a colección permanente e unidades didácticas para estudiantes. Aprobouse tamén a creación dunha medalla Fundación Laxeiro que, con carácter anual, se lle outorgará a algún persoeiro relevante da cultura galega.
Descargar todas as imaxes