O Concello de Vigo colabora co filme Ilegal
O vindeiro 31 de xaneiro estréase nas principais salas de España Ilegal, unha longametraxe de acción dirixida polo galego Ignacio Vilar e protagonizada por Lucía Jiménez, Chisco Amado, Chete Lera e Vicenta N’Dongo.
Ilegal é a historia de dous reporteiros que realizan unha perigosa reportaxe investigando o tráfico clandestino de inmigrantes de África a Europa. Chisco Amado (A mi madre le gustan las mujeres, Krampack) e Chete Lera (Plenilunio, Arde de amor) introdúcense no sórdido mundo das mafias adicadas ó transporte de inmigrantes a Europa, involucrando a Lucía Jiménez (Silencio Roto, La buena vida) nunha vertixinosa carreira por salva-las súas vidas. Unha comprometedora gravación que demostra a actividade delictiva destes grupos organizados fará que se vexan perseguidos polas mafias e pola mesma policía.
Ilegal ten por escenario as rúas de Vigo e Santiago e mailos areais da praia da Lanzada. O filme retrata a realidade dos inmigrantes que buscan un billete cara á terra prometida e faino dende un novo punto de vista, o dos xornalistas de investigación.
Un emocionante thriller feito en Galicia no que non faltan a acción, a intriga, a denuncia social e mesmo o amor. Ilegal é unha longametraxe distribuída por Lauren Films.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes