Escoitar

Dez asociacións reciben equipos informáticos do Concello

xoves, 23 xan 2003
imx2255.jpg
Mariló Cabaleiro
Dez asociacións recibiron equipos a través da terceira convocatoria de dotación de medios informáticos da Concellería de Participación Cidadá. A iniciativa pretende dunha banda, mellorar a xestión dos colectivos co emprego das novas tecnoloxías, e, da outra, que estas colaboren na atención á cidadanía nas súas zonas de influencia.

Así, nos criterios de adxudicación valorouse non posuír ordenadores pero tamén as zonas de traballo, favorecéndose as asociacións localizadas no rural. Coas seleccionadas nesta última convocatoria, Asociación Cultural e Deportiva Xestas, A.VV. Praza da Miñoca, CRAC de Coruxo, A.VV. “As fontes” de Vilar-Gandarón, A.VV. “Monte da Mina” de Castrelos, SCRD de Pardavila, ACF O Fiadeiro, Asociación Bulimia y Anorexia, Érguete Integración e LEGAIS Colectivo de lesbianas, e gais son xa 44 as asociacións que dispoñen de equipos cedidos polo Concello.

As axudas comprenden un ordenador, impresora láser, sistema Office e a conexión de alta velocidade á internet (ADSL). A concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro explicou, en rolda de prensa, que as asociacións “estarán conectadas á web da Concellería, de información relacionada co terceiro sector: podendo descargar o programa de xestión realizado en colaboración coa Universidade”.

Ademais dos equipos informáticos e da conexión a internet, as asociacións recibirán un curso de 40 horas para formación informática nas ferramentas de microsoft e un soporte telefónico durante un ano de asesoramento técnico. O Concello sufragará a conexión á liña ADSL, e o 60% do consumo durante o primeiro ano. Tódalas máquinas cedidas contan con tres anos de garantía.
Descargar todas as imaxes