O Concello rebáixalles impostos ás vivendas protexidas e ás familias numerosas
O Goberno municipal proporalle ao pleno da corporación unha modificación das Ordenanzas Fiscais que inclúe bonificacións para os sectores sociais con menos recursos económicos e medidas de apoio á creación de emprego e ás empresas máis afectadas pola crise do Prestige. Estas reformas introdúcense nos impostos municipais ao tempo que se aplica a supresión do Imposto de Actividades Económicas para as persoas físicas e as sociedades cunha cifra de negocios inferior a un millón de euros.
O concelleiro de Facenda, Xavier Toba, explicou que con estas modificacións se pretende estimular a actividade empresarial en Vigo para paliar nalgunha medida os efectos negativos da marea negra e ao mesmo tempo profundizar nunha política social de carácter progresista.
Un dos obxectivos das medidas que vai aplicar o Goberno vigués é o de promocionar as vivendas de protección, para combater así a alza de prezos no mercado da vivenda. Para iso vaise reducir o Imposto de Bens Inmobles a aquelas persoas que adquiran vivendas protexidas. A rebaixa será dun 50% nos tres primeiros anos trala compra da vivenda e dun 25% nos tres seguintes. Tamén se reducirá un 50% o Imposto de Construcción ás promocións de vivendas de protección oficial.
As familias numerosas poderán acollerse tamén a unha rebaixa do IBI. Aquelas que teñan uns ingresos netos per cápita inferiores aos 3.500 euros obterán unha bonificación do 90% neste imposto. O Concello aplicará a partir de 2004 un recargo do 50% ás vivendas desocupadas, coa finalidade de reactivar a oferta de vivendas en Vigo.
Coa finalidade de impulsar a creación de empresas e de paliar os efectos negativos que causou en determinados sectores a marea negra, o goberno aprobará outra serie de beneficios fiscais. As empresas relacionadas co sector pesqueiro (transformación e comercialización) terán unha reducción do 95% no imposto que deben pagar cando realizan obras de construcción ou reforma. Ademais, a partir de 2004, as empresas de nova creación terán unha bonificación durante os primeiros cinco anos de actividade do 30% no IAE. Tamén se lles reducirá este imposto un 25% a aquelas sociedades que aumenten o seu cadro de persoal alomenos un 10% con emprego fixo.
Outras modificacións que o Goberno introducirá nas ordenanzas fiscais proporcionarán vantaxes ás familias. Trátase de eliminar o Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos (plusvalía) nos casos de transmisión entre cónxuxes ou de pais a fillos con motivo dun divorcio ou separación. Tamén se eliminará cando se trate cunha contribución dos cónxuxes ao matrimonio. Ademais concédese unha bonificación do 50% neste imposto cando a transmisión entre cónxuxes, ascendentes ou descendentes sexa por causa de morte e o sucesor utilice a vivenda como residencia habitual.
Descargar todas as imaxes