O Plan Municipal de Emprego impulsa o comercio vigués coa celebración da xornada “O comercio fai cidade”
O Servicio de asesoramento a emprendedores-Comercio (Sae-Comercio), promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego en colaboración con Caixanova, celebra o día 23, na sala de conferencias do Centro Cultural Caixanova, unha xornada dirixida ós pequenos e medianos comerciantes de Vigo co obxecto de abordar a problemática que lle afecta ó sector na actualidade.
A xornada, que se desenvolverá baixo o nome de “O Comercio fai cidade”, contará coa participación, entre outros, do subdirector xeral de comercio da Consellería de Industria e Comercio, José Manuel Fernández Núñez, e o director do departamento de marketing de Caixanova, Jorge Miguel Santos López. Por outra parte, as conferencias estarán a cargo de dous especialistas na materia, como son Sebastián Molinillo Jiménez, profesor da Universidade de Málaga, que falará sobre “Estratexias competitivas para o pequeno e mediano comercio”: e Enric Ricart García, directivo do Centro comercial aberto “Sants Establiments Units” de Barcelona, que abordará o tema das “Boas prácticas en asociacións de comerciantes: o poder do asociacionismo”.
Coa posta en marcha do SAE-Comercio, tanto a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego como Caixanova, como axentes determinantes da promoción económica da cidade, queren establecer as canles para unha cooperación e colaboración na procura dunha maior profesionalización e dunha imaxe máis coherente do Vigo comercial e dous seus centros. Nesta liña, tamén se pretende potenciar a creación de novos establecementos comerciais, fomentando desde este novo servicio iniciativas de autoemprego.
Hai que destacar que esta é a segunda iniciativa que promove o SAE-Comercio desde o comezo da súa andadura, despois de que o pasado día 14 organizara un foro de debate do sector que estivo moderado polo xerente da Cidade Universitaria,S.A., Rafael Núñez Gallego.